Cuadro de texto: Cuadro de texto: Xenealoxías do Ortegal

Nulla estetica sine etica

Bases de participación

2ª Convocatoria para o próximo número da Revista Dixital Galega de Xenealoxía. Ano 2011.

 

 

 

 

 

                         

                          Despois da presentación o pasado mes de marzo do Nº 1, de: XOR, Revista Dixital Galega de Xenealoxía, editada en formato PDF para a súa difusión libre en Internet, preséntanse as bases para aqueles autores, e xenealoxistas, interesados en presentar traballos para o Nº 2, en preparación para o próximo ano 2011.

 

                          Bases para admisión de artigos:

 

                          a) Poden concorrer cos seus traballos todos aqueles autores, articulistas, xenealoxistas, profesionais ou non; que traten nos seus artigos temas relacionados coa xenealoxía familiar de ámbito galego. A súa temática deberá gardar relación cos seguintes temas: xenealoxía, heráldica, diplomática, arte e historia. Os traballos deberán ser inéditos e de propia autoría.

 

                          b) A extensión mínima dos artigos deberá de ser de 4 folios (1 cara) a dobre espazo; e a máximo non poderá pasar de 40 folios totais a unha cara. O estilo da fonte será Times New Roman, cunha altura de letra en texto de 12. Todos os traballos deberanse enviar en formato WORD, á seguinte dirección de correo: xenealoxias@gmail.com. Só admitiranse fotografías e gráficos, a condición de que sexan de autoría propia, ou se conten cos permisos necesarios para a súa reprodución. A responsabilidade última sobre o uso indebido dunha imaxe suxeita a dereitos de autor será do individuo concorrente.

 

                          c) O prazo máximo para a admisión de traballos será o día 15 de marzo do vindeiro ano 2011. Transcorridos 15 días hábiles dende a recepción, seralles comunicada a inclusión ou non dos mesmos aos seus autores. Unha vez enmaquetados todos os traballos admitidos, a revista poderá ser descargada desde a web oficial de Xenealoxias do Ortegal. O envío dos traballos e a súa posterior publicación, leva implícito o permiso dos seus autores á súa difusión, descarga, e impresión dos mesmos, a través do número publicado a través da web Xenealoxías do Ortegal, ademais da aceptación polos autores concorrentes, das normas deste concurso.

 

                          d) O envío dos traballos e a súa posterior publicación, será de carácter altruísta por parte destes autores, e nunca remunerado, xa que a revista persegue como únicos obxectivos a difusión libre da Ciencia XenealóXica a través do seu formato que será de libre circulación na Rede de Internet.

 

                          e) Os idiomas admitidos nos traballos serán os seguintes: galego, castelán, portugués e inglés.

 

                          f) Serán respectados, o estilo, ortografía, idioma, etc. Os artigos serán enmaquetados para que todos eles presenten o mesmo estilo de presentación.

 

                          A convocatoria é anual e comeza a partir da publicación desta noticia. Ánimo para todos aqueles que queiran concorrer, e grazas unha vez máis, polo seu interese, constancia, e amizade.

 

 

 

                          Saúdos Cordiais

                          Xosé Lois Lamigueiro

                          Maio 2010

Cuadro de texto: Xenealoxías do Ortegal © Tódolos Dereitos Reservados 
Cuadro de texto:

Comunidade XOR

facebook

twitter

foro

Obolog

blogger

fotos