
|
Nulla estetica sine etica |
|
|
|
|
|
foro |
|
Obolog |
|
blogger |
|
XOR na rede |
|
En XOR podes atopar os seguintes espazos dedicados exclusivamente a publicación periódica de traballos e artigos relacionados coa xenealoxía de Galicia:
|
|
O web conta con esta versión impresa dixital, onde destacados investigadores, articulistas, xenealoxistas, historiadores, ou simplemente colaboradores, cuxos traballos foron seleccionados previamente; presentan unha serie de traballos relacionados coa xenealoxía familiar de ámbito galego.
A convocatoria é anual, e aqueles que queiran participan enviando traballos poden recoller máis información nas Bases de Participación.
|
|
REVISTA DIXITAL GALEGA DE XENEALOXÍA: XOR |
|
X.O.R. Revista Dixital Galega de Xenealoxía nº 1 Ano 2010 |
|
Dende este blog atoparás compilados a maioría dos artigos publicados polo webmaster de Xenealoxías do Ortegal, tanto en revistas culturais galegas, como no propio web. Entre eles destacan os estudos sobre a Casa de Valcarce, os Teixeiro de Malados, ou a Liñaxe dos Trasancos. Entre os pensados para XOR editados en formato pdf, poderás atopar varias transcricións de documentos, testamentos, limpezas de sangue, ou traballos específicos sobre unha familia ou apelido. Preme aquí para entrar.
|
|
ARTIGOS DE XOSÉ LOIS LAMIGUEIRO |
|
Este blog aínda baleiro, recollerá as colaboracións dos amigos de XOR, a través de artigos e traballos relacionados -como non- coa xenealoxía de Galicia. Podes colaborar enviando a transcrición dun texto, un estudo sobre unha familia, ou sobre un apelido determinado, temas afíns á xenealoxía, ou un artigo de heráldica galega. Aqueles amigos que queiran colaborar con Xenealoxías do Ortegal, poden enviar os seus traballos o noso enderezo.
|
|
ARTIGOS DE COLABORADORES |
|
Busca aquí + info sobre estos temas: |
