
|
HEMEROTECA |
|
NOVIDADES web |
|
Procura máis información: |
|
Xenealoxía dos condes de Salvaterra, Marqueses de Sobroso...
Comezamos un novo camiño en X.O.R. que nos levará pouco a pouco á catalogación dos títulos históricos de nobreza galega, procurando establecer as súas xeracións e descendencia. Inagúrase esta nova etapa coa xenealoxía de Dona María del Rosario de Silva y Guturbay, XI Condesa de Salvaterra, e asemade Condesa de Ribadeo. Foi a muller de Don Jacobo Fitz-James Stuart y Falcó, XVII Duque de Alba, Conde de Lemos, de Andrade, de Vilalba, de Monterrei, Marqués de Sarria, títulos todos eles sobranceiros da nosa nobreza que recaerán despois do seu pasamento na súa única filla, a actual Duquesa de Alba, Dona Cayetana Fitz-James Stuart y Silva. |
|
DESCARGAS árbores |
|
IMAXES. Foto da Semana |
|
Participa enviando a túa imaxe relacionada co patrimonio, heráldica, ou monumentos de Galicia. |
|
Recorda que xa podes imprimir algúns dos árbores de X.O.R.. Consulta a nosa sección de descargas |
|
Forma parte dos nosos amigos en facebook |
|
PATROCINADOS Publicidade |
|
Nulla estetica sine etica |
|
ÁRBORES incorporacións |
|
Asemade recupéranse nos índices, dúas novidades xa citadas no artigo anterior, onde por orde alfabético iranse referenciando os títulos nobiliarios galegos. Ate agora pódense atopar os seguintes: Conde de Altamira, Conde de Andrade, Conde de Galicia, Conde de Guimarei, Conde de Lemos, Conde de Maceda, Conde de Monterrei, Conde de Ribadavia, Conde de Ribadeo, Conde de Santa Marta, Conde de Salvatierra, Conde de Trastámara, Conde de Vigo, Conde de Vilalba, Marqués de Aldara de Gres, Marqués de Bendaña, Marqués de Figueroa, Marqués de Monroy, Marqués de Parga, Marqués de San Sadorniño, Marqués de Sobroso, Marqués de Viance, Marqués de Vilagarcía, Vizconde de Altamira, Vizconde de Cerdido, Vizconde de Barrantes.
|
|
Detalle do sepulcro de Don Diego de Andrade, I Conde de Vilalba. Mosteiro de Stª María de Monfero. 2006. Foto: Lamigueiro. |
|
Retrato de Dña. María del Rosario de Silva y Guturbay, XI Condesa de Salvaterra, pintada por Ignacio Zuloaga, propiedade da Casa de Alba. |
|
Escudo nunha rúa de Betanzos. Agosto 2009. Foto: Lamigueiro. |
|
HERÁLDICA DIXITAL |
|
Descarga as armas do teu apelido directamente no teu computador enviando un SMS. Consulta os apelidos xa dispoñibles na nosa sección de descargas |
|
PUBLICACIÓNS Obras recomendadas |

|
Cada semana incorpóranse novos esquemas. Entre as árbores recen aloxadas destácanse as seguintes: Sarmiento (Sobroso), Fernández de Córdoba, Silva, Suárez de Tanxil, Ambía, etc. |
|
ORIGEN DE LAS DIGNIDADES SEGLARES DE CASTILLA Y LEÓN
No ano 1618 el Doctor Pedro Salazar de Mendoza: (* 1549, Toledo), imprimiu por primeira vez esta obra que trata sobre as personalidades segrares (entendendo como tales os nobres milites), que durante o período comprendido entre a romanización, e o reinado da súa cesárea maxestade Don Carlos I, distinguíronse ao servizo da Monarquía Hispánica. Obra esgotada nalgunhas librerías pero dispoñible en Google en vista previa restrinxida. |
|
WEB RECOMENDADA |
|
RECBIC. Recursos Bibliotecarios
Páxina onde atoparás todo tipo de información ligada aos arquivos e bibliotecas do noso país: novas, eventos, recursos, formación, emprego, oposicións, etc. Tamén sobre os arquivos históricos con fondos dixitalizados... |